xiana arias na «revista de poesía»

Xaneiro 13, 2012


O grupo Alea de análise poética, responsable do portal poesiagalega.org publica o número 1 da súa Revista de Poesía no que se inclúe unha entrevista a Xiana Arias, gañadora da XIX edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.

A revista pódese descargar en PDF facendo clic aquí.

Publicado en Autores/as, Prensa · Comment 

Entrevista a Lorena Souto

Decembro 13, 2011

Letra en Obras publica hoxe unha entrevista a Lorena Souto, gañadora da última edición do Pérez Párallé.

Publicado en Autores/as, Prensa · Comment 

Lorena Souto gaña a XXIV edición do Premio

Outubro 28, 2011

Esta tarde reuniuse en Fene o xurado da XXIV edición do Premio. Estivo conformado por Rosa Aneiros, Andrea Nunes e Marica Campo.

Tras a deliberación, decidiron por unanimidade escoller a obra titulada Fase de trema. Aberta a plica, a obra resultou ser da autoría de Lorena Souto, licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago, membro do consello de redacción da revista Dorna que obtén, con este premio, o primeiro galardón da súa esperamos que longa carreira literaria.
Lorena naceu no Páramo en 1983 e reside en Compostela.

Publicado en Fallo do premio, Xurado · 1 Comment 

Quedan poucos días!

Setembro 13, 2011

Continúa aberto o prazo para presentar orixinais para a XXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé para autores e autoras sen obra individual publicada. Cómpre enviar 3 copias dun libro de poemas ao enderezo do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene: Porto do Rio, 21 – San Paio-Fene (A Coruña) antes do 30 de setembro. O libro premiado publícase na colección de poesía Espiral Maior e o autor ou autora galardoada recibe, asemade, unha peza do escultor Francisco Pérez Porto, fillo de Xosemaría Pérez Parallé. Pódense consultar aquí as bases e aquí a listaxe de gañadores e gañadoras das edicións anteriores.

Publicado en Sen clasificar · 1 Comment 

Convocada a XXIV edición do Premio

Maio 27, 2011

Xa está aberto o prazo para enviar libros para a XXIV edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.
Podedes consultar as bases aquí.
Ou descargalas premendo aquí.

Publicado en Sen clasificar · Comment 

Entrega do XXIII Premio a María Rosendo

Novembro 27, 2010

O pasado sábado María Rosendo recibiu de mans de Iván Puentes, alcalde de Fene, a figuriña deseñada polo ceramista Francisco Pérez Porto, fillo de Xosemaría Pérez Parallé, e que representa a obtención da XXIII edición do Premio.
Foi no medio dun acto no Círculo Mercantil e Industrial-Unidade que contou coa presenza de Antía Otero, membro do xurado desta edición. Presentou o acto Enrique Sanfiz e presidiuno Manuel Romero Rey, Presidente do Círculo.
Nómade, o libro merecedor do Premio deste ano, sairá publicado dentro duns meses na colección de poesía Espiral Maior que dirixe o poeta Miguel-Anxo Fernán Vello.

Publicado en Sen clasificar · Comment 

María Rosendo gaña a XXIII edición do Premio

Novembro 2, 2010

O pasado venres reuniuse na sede do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade, o xurado da XXIII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. Desta volta estivo integrado por Pedro Casteleiro, Antía Otero e Ramón Neto.
Despois da discusión, resultou escollido o libro titulado Nómade, presentado baixo o pseudónimo “Verdecente”. Aberta a plica, resultou ser da autoría de María Rosendo Priego.

Nada en Vigo en 1984, María escribe poesía desde os 17 anos. Realizou estudos de filoloxía inglesa que, máis tarde, compaxinará cos de educación social.
En 2007 viaxa a cidade de Bos Aires para vivir no hemisferio austral durante un ano. Será precisamente nesta andaina onde comeza a nacer a poética deste poemario, Nómade.
Participou en recitais poéticos coas Redes Escarlata ou na II «Rebelión da décima musa», nas festas do Barrio de San Pedro en Compostela. Non ten ningún texto publicado.
Nómade é, tal como se indica nas bases do premio, o primeiro libro da autora que verá luz, e será daquí a uns poucos meses na colección de poesía Espiral Maior.
Na actualidade María Rosendo vive en Compostela onde traballa en produción teatral coa compañía Berrobambán.

actualizado 03/11/2010 12:06
en radiofusión.
no diario de ferrol.
en culturagalega.org.
en galicia-hoxe inclúen unha entrevista con maría.
en fene.com.

Xiana Arias en irlandés e inglés

Xuño 14, 2010

Unha antoloxía de poetas galegas actuais que vai publicarse estes días en Irlanda, inclúe poemas de Xiana Arias, autora premiada na XX edición do Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé.
Noraboa a Xiana. Estamos orgullosos de que forme parte da familia do noso Premio.

(A información está quitada do blog de Editorial Galaxia.)

Publicado en Autores/as · Comment 

Convocada a XXIII edición do Premio

Maio 24, 2010

Xa está aberto o prazo para presentar orixinais á XXIII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.

O prazo de presentación dos libros finaliza o 1 de outubro.

As bases detalladas poden consultarse aquí ou descargarse aquí en formato PDF.

Publicado en Convocatoria · Comment 

Premio Pérez Parallé, marca de calidade

Maio 24, 2010

Xiana Arias, gañadora da XIX edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé co libro Ortigas, presenta nova obra poética: Acusación, que publica Editorial Galaxia.

E no portal toupa.net promocionan o libro coa imaxe seguinte:

xiana arias acusacion

xiana arias acusacion

Estamos orgullosos de Xiana. E encantados de que toupa.net escollese o noso Premio como reclamo para promocionar o libro.

Publicado en Autores/as · Comment 

Páxina seguinte »

Olark Livehelp